A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) está organizando os Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
· Presentacións das titulacións
· Obradoiros, Retos, etc.
· Opinión de alumnos/as sobre a titulación
· Pílulas relacionadas coa titulación
· Concursos
· Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.