Para futuros estudantes universitarios: "Mira, te cuento"

Pincha na imaxe 
Tes dúbidas sobre que carreira escoller? Non sabes que estudar? Gústanche moitas cosas pero non che ves estudando nada en particular? Dinche que estudes o que máis che gusta, pero non sabes que é?

Sabemos que elixir unha carreira universitaria é complicado, que estás nun momento difícil, a piques de facer a ABAU e máis aínda no medio do confinamiento. Non puideches ir visitar universidades, asistir a talleres de orientación, nin tampouco falar con estudantes nin profesores das titulaciones que máis che gustan.

Mira, te cuento é un consultorio preuniversitario online posto en marcha pola Fundación Universidade-Empresa coa colaboración de preto de cen voluntarios recentemente titulados que participaron nos nosos programas de prácticas e queren axudarche a despexar as dúbidas que tes e a elixir a mellor carreira para ti. A través dos nosos webinars, contaranche a súa experiencia estudando a titulación que che interesa e as saídas profesionais que han ter, e ti poderás preguntarlles todo o que che preocupa.
Xa se programaron case 40 webinars gratuitos, e haberá moitos máis. O primeiro realizarase o vindeiro martes, 21 de abril.