Guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo COVID-19

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19.

Recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?


Descarga o documento