A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 27 de febreiro e remata o 26 de marzo
Destinatarios:
Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Atónoma de Galicia, matriculado no réxime xeral de:
- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
- 1º e 2º Bacharelato.
Requisitos:
a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.
e) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
f) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
- A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
- Convocatoria: