Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/2020

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.

Prazo de presentación das solicitudes  ata o 7 de xuño.

Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso:
-  As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, segundo figura no anexo II desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.
-  A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo co artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016. 

Requisitos
Estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica a que se refire o artigo 55.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia.


Máis información:
RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruciónspara o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de ArteDramática para o curso 2019/20
http://esadgalicia.com/

Ensinanzas superiores de arte dramática