Premios extraordinarios de Bacharelato 2019

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación:  ata o día 28 de maio de 2019. 
Requisitos: 
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso. 
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015).
Importe: Vinte premios extraordinarios. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.
A proba terá lugar o día 27 de xuño de 2019 
de acordo co seguinte horario: 
– 9.30 horas, presentación das persoas candidatas. 
– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba. 
– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

Lugares en que se realizará a proba:

  • Provincia da Coruña: – Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso núm. 6, A Coruña. 
  • Provincia de Lugo: – IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, núm. 171, Lugo. 
  • Provincia de Ourense: – IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feijoo, núm. 19, Ourense. 
  • Provincia de Pontevedra: – IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Vitoria, Pontevedra
Estrutura da proba:
 A proba estruturarase en dúas partes:
1. Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado, para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.
 As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu , desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
Probas de cursos anteriores
Máis información:
-  -ORDE do 28 de marzo de 2019 pola quese convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso2018/19.
  -RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente.
      - http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27526