Requisitos:
1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas,
Prazos de matrícula:
–Convocatoria de maio: 11 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 4 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Lugar da matrícula (en Santiago de Compostela):
–Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa
San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
–Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
–Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Realización das probas
1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.
2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, de 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, de 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresariale aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Na sesión da tarde, de 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.
a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de
estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o
dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.
b) Lingua castelá e literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.
b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.
c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).