Convocados pola Consellería de Educación e OU.
Poderase conceder ata un máximo de 20 premios. Cada premio estará dotado con 750 €.
Requisitos:
-Ter cursado durante o ano académico 2017/18 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte, o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas de tres materias do currículo de cuarto curso:
– Xeografía e Historia.
– Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
– Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
O prazo para presentar solicitudes: desde o día 7 de xuño de 2018 ata o día 6 de xullo de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D.
A proba celebrarase o día 6 de setembro de 2018 de acordo co seguinte horario:
– 9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.
– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.
Lugares en que se realizarán as probas. Provincia da Coruña: – Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Máis información:
- Web Premios ESO.
- ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinariosde educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentesao curso 2017/18.
- RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018