A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/18.
Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Requisitos:
A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:
1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros
docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2017/18.
2. Non repetir curso. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión
de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista
da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da Inspección educativa.
3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a
un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais
para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia
e participación da comunidade educativa, e no capítulo II do Decreto 8/2015, do 8 de
xaneiro, que a desenvolve.
Requisito de renda da unidade familiar:
A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:
1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 293/2016, do 15 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo).
2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 551,99 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €. d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.
O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.
Prazos:
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 16 de xullo de 2017 (este incluído).
2. Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2017 (este incluído).
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro residencial docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Máis información:
ORDE do 31 de maio de 2017 pola que se convocan prazas de residencia noscentros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudospostobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.
nos CRD: