Premios extraordinarios de Bacharelato Portal Educativo da Xunta de Galicia

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2015-2016 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día  5 de maio de 2017. 


Persoas beneficiarias: Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Importe: Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

 As probas celebraranse o día 29 de xuño de 2017 de acordo co seguinte horario: 
– 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas. 
– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba. 
– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba. 2. Centros nos que se realizarán as probas. 

Provincia da Coruña: – CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.
Provincia de Lugo: – IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.
Provincia de Ourense: – IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.
Provincia de Pontevedra: – IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Presentación dos candidatos e das candidatas. 
a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia á que pertenza o centro educativo no que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas. 
b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.



Máis información:

  
ORDE do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios extraordinariosde bacharelato correspondentes ao curso 2016/17.
www.edu.xunta.es/premiosbac
http://www.edu.xunta.gal