Convocatoria Beca Benjamin Franklin 2017


A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un estudante español, andorrano ou residente en España ou Andorra para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos e crear conciencia dos valores que comparten. 

Requisitos dos solicitantes:

· Ter entre 16 e 18 anos no momento do inicio do programa en Estados Unidos. É dicir, ter nacido entre o 24 de xuño de 1998 e o 24 de xuño de 2001.

·  Certificación académica de ter acadado unha nota mínima de 7.5 no seu expediente académico nos dous últimos cursos.
· Ter acadado unha nota de sobresaliente na materia de inglés nos dous últimos cursos.
·  Participación en actividades de voluntariado e/ou proxectos de servizo comunitario.

 Data límite de recepción de solicitudes: Venres, 24 de febreiro de 2017, ás 18h.