Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

 -  O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.

 -  A proba terá lugar o día 21 de abril de 2017, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

  Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2017. 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos. 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2016/17. 

Máis información


Resolución do 31 de xaneiro de 2017 (DOG)


Formulario de inscrición


http://www.edu.xunta.gal/portal/