martes, 10 de mayo de 2016

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2016/2017



diseo3Educación convoca as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2016/17
Acceso a través de proba: para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
Acceso directo: A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción ata o 7 de xuño.
A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores en Deseño constará de dúas partes:
• Primeira parte.
Durante un máximo de tres horas, os aspirantes contestarán por escrito tres cuestións, formuladas por escrito polo tribunal, relacionadas cos seguintes temas:
a) A historia das artes en xeral.
b) A historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral.
c) O deseño na especialidade que se aspira a cursar.
Nesta parte da proba, o tribunal valorará a extensión e profundidade dos coñecementos, así como a calidade expresiva e expositiva amosada polo aspirante.
• Segunda parte.
Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo:
– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña:
1ª parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 6 e 15 de xullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario