Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2016/17

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Beneficiarias:
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir: 
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º e 3º de ESO. 
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde. 
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE 

A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es/ 
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e