Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 destinadas a alumnado de ESO e bacharelato.

Prazo:  dende o 29 de marzo o 28 de abril (incluído)

Requisitos: 
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15. 
c) Ter acadado no curso 2014/15 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. 
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en adiante DNI), número de identidade de estranxeiro (en adiante NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

A información e aplicación "en liña" atoparase na páxina web:  http://www.edu.xunta.es/axudasle.