Campus científicos de verán 2016


O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2016 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que se desenvolverá en varias universidades.

Os Campus terán lugar do 3 ao 30 de xullo de 2016, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
Do 3 ao 9 de xullo:   Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 10 ao 16 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 1º de bacharelato.
Do 17 ao 23 de xullo: Desenvolvemento da primeira quenda do campus de 4º de ESO.
Do 24 ao 30 de xullo: Desenvolvemento da segunda quenda do campus de 4º de ESO.
Desenvolveranse en laboratorios e departamentos de investigación dos seguintes Campus de Excelencia Internacional:
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1998.
Alumnos que no curso 2015-2016 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 8 puntos.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de marzo de 2016 (as 15.00 horas)


Máis información:   www.campuscientificos.es