Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral


certificadoprofesionalidad
A Consellería de Educación 
convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos (activa a partir do 11 de xaneiro).
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED517B 
Máis información no DOG do 8 de xaneiro de 2016  e en 

Requisitos:
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I xustificarán cando menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
No caso de formación, xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
Cualificacións profesionais:
ADG307_2 Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
ADG308_2 Actividades de xestión administrativa
AGA168_2 Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
AGA343_2 Aproveitamentos forestais
AGA457_2 Actividades de floraría
AGA460_2 Produción de sementes e plantas en viveiro
EOC052_2 Fábricas de albanelaría
EOC580_2 Cubricións inclinadas

EOC582_2 Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
EOC586_2 Pavimentos e albanelaría de urbanización
EOC583_2 Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
EOC584_2 Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
EOC587_2 Pintura decorativa en construción
EOC589_2 Revestimentos con pastas e morteiros en construción
EOC590_2 Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción
ELE043_2 Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
ELE257_2 Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
ENA261_2 Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
ELE043_2 Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
ELE188_2 Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
ELE189_2 Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
FME032_2 Mecanizado por arranque de labra
FME035_2 Soldadura
FME350_2 Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
FME351_2 Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
HOT093_2 Cociña
HOT223_2 Repostaría
INA107_2 Pastelaría e confeitaría
HOT093_2 Cociña
HOT327_2 Servizos de bar e cafetaría
HOT328_2 Servizos de restaurante
HOT094_3 Recepción
HOT333_3 Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
IMP120_2 Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
IMP121_2 Coidados estéticos de mans e pés
IMP119_2 Peiteado
IMP121_2 Coidados estéticos de mans e pés
HOT223_2 Repostaría
INA015_2 Panadaría e bolaría
INA107_2 Pastelaría e confeitaría
IFC078_2 Sistemas microinformáticos
IFC298_2 Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
IFC299_2 Operación de redes departamentais
IFC300_2 Operación de sistemas informáticos
IMA040_2 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
IMA369_2 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción
ENA190_2 Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
ENA472_2 Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
IMA368_2 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
MAM058_2 Mecanización de madeira e derivados
MAM060_2 Acabamento de carpintaría e moble
MAM062_2 Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
MAM058_2 Mecanización de madeira e derivados
MAM059_2 Instalación de mobles
MAM062_2 Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
MAM277_2 Instalación de elementos de carpintaría
QUI020_3 Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
QUI021_3 Ensaios físicos e fisicoquímicos
QUI117_3 Análise química
SAN025_2 Transporte sanitario
SAN122_2 Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
SAN123_2 Farmacia
SC322_3 Educación infantil
TMV044_2 Pintura de vehículos
TMV045_2 Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
TMV046_2 Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
TMV047_2 Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
TMV048_2 Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
TMV197_2 Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
TMV266_2 Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil