Protocolo actualizado para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica en educonvives.gal o Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, actualizado, así como o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia.
Asimesmo, ponse a disposición dos centros educativos unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.

Protocolo de Atención educativa domiciliaria

Pincha na imaxe para descargar o documento
Protocolo, da Consellería de  Cultura, Educación, e Ordenación Universitariapara a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou
enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado,e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.

Fonte: edu.xunta.es