Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/15.

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2014-2015 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e deberán de presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xestión dos premios extraordinarios de bacharelato

Requisitos  de participación:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2014-2015 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Esta será a media aritmética de todas as materias, coa excepción de relixión que non computará. E, por último, non poderán estar incursos en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.

Número e características dos premios
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €. e coa exención do pagamento dos prezos públicos polos servizos académicos no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2015-2016. Ademais desta axuda económica, o alumnado premiado recibirá un diploma acreditativo.

Realización da proba para a obtención do premio
1. O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
   1.1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas: 
1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico,filosófico ou literario.
1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 
    1.2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes:bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II,literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química,técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
1.2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.
2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
3. A puntuación total será a suma de cada unha das cualificacións obtidas. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo cinco puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na cualificación total.

As probas celebraranse o día 4 de setembro de 2015 de acordo co seguinte horario: 
– Presentación dos candidatos e das candidatas ás 9.30 horas. 
– Primeira parte da proba das 10.15 ás 12.15 horas. 
– Segunda parte da proba das 12.45 ás 13.45 horas. 2. 

Centros en que se realizarán as probas. 
Provincia da Coruña: – CIFP Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.
Provincia de Lugo: – IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo. 
Provincia de Ourense: – IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense. 
Provincia de Pontevedra: – IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Máis información:
RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designaros membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar,supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios debacharelato correspondentes ao curso 2014/15, e se ditan instrucións para arealización das probas correspondentes.


Convocatoria: