Prazas de residencia nos centros residencias da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2015/2016

crdourenseA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2015/16.

Requisitos:
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisito de renda da unidade familiar:
Para determinar as bolsas e bonificacións en función da renda familiar, terase en conta o limiar 2 fixado polo Real decreto 472/2014, do 13 de xuño, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2014/15 (Boletín Oficial del Estado núm. 144, do 14 de xuño)

Se a renda da unidade familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o beneficiario terá praza gratuíta.
Se a renda da unidade familiar é superior ao limiar 2, o beneficiario deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 538 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 €.
d) Máis do 30 %: 1.968 €.



O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
    - Para o alumnado matriculado en bacharelato ata o 17 de xullo de 2015.
    - Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 7 de agosto de 2015.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento E306A

Máis información:

Vía: xuventude.net