Probas de acceso a ciclos de grao superior de FP. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015

Probas de acceso a ciclos de grao superior convocadas pola  Orde do 17 de febreiro de 2015 

Data de celebración: 29 de abril

Sede asignada ao noso centro: IES As Fontiñas

Documentación que se precisa: As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu DNI e copia da folla da solicitude de inscrición.

Horario das probas. 

Presentación.
           – Ás 9:00 horas. 

Parte común da proba. 
             – Das 10:15 ás 13:30 horas materias da parte común (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 

Parte específica da proba.
             – Das 16:00 ás 18:30 horas: materias da parte específica. 

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba. 

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

 Advertencias.

  • Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información 
  • O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Máis información.

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5834