PAUTAS PARA CONFECCIONAR O PLAN DE ESTUDO

1.    Establece o tempo que se pode estar traballando diariamente cun rendemento adecuado. Tes que ser realista, por exemplo: 2 horas diarias de luns a venres máis 2 horas o sábado, total 12 horas.
     Se nese tempo non podes levar todas as materias, hai que aumentalo. Por exemplo 10 minutos cada día; así nunha semana, sen apenas esforzo, aumentaches 1 hora o teu horario de traballo.
2.    Traballa cada día as mesmas materias que tiveches na clase, primeiro as máis difíciles e que menos che gustan; as máis fáciles e agradables para o final.
3.    Non te conformes con facer as actividades ou tarefas que che indicaron, tamén debes estudar a fondo a materia explicada. Isto facilítache:
·      Se o entendiches ben, resultarache fácil aprendelo e memorizalo.
·      Se hai algo que non tes claro, poderías preguntalo na seguinte clase.
·      As explicacións seguintes, resultaranche moito máis fáciles ao coñecer a fondo a materia anterior.
·      Cando teñas un control ou exame só terás que repasar.
4.    Cada 50 minutos de traballo, descansa de cinco a dez minutos, pero coidado, non con actividades que te desconcentren e che impidan despois seguir o traballo.
5.     Os últimos minutos déixaos para repasar os contidos das materias que vaias ter no día seguinte.
6.     Deixa horas libres para imprevistos.
7.     Non escribas nada que non esteas realmente disposto a cumprir.
8.     Deixa un día libre á semana para descansar.
9.    Por último, lembra: cando se trata de estudar, é dicir, de extraer o contido dun tema e memorizalo, nunca te limites só a ler, axudarache o subliñar, facer un esquema, o repetir o esquema tantas veces como sexa necesario até que o memorices.