Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14

Número e características dos premios:
  1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
  2. Cada premio estará dotado con 750 €.
  3. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos de participación:
Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna as seguintes condicións:
1. Ter cursado durante o ano académico 2013/14 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase con dous decimais, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, e deberá reflectirse na certificación académica a que se fai referencia no artigo 5 da presente orde.
a. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión.
b. As cualificacións de «apto», «exento» ou «validado» non serán tidas en conta para o 
cálculo da nota media.
Prazo presentación de solicitudesremata o día 22 de setembro de 2014.