BECAS PARA O CURSO 2014-2015 DESTINADAS A ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes publica no BOE do 7 de agosto de 2014 a resolución mediante a cal convócanse becas de carácter xeral, destinadas a alumnos de estudos postobligatorios, como os estudos de Bachillerato, Formación profesional, Ensinanzas artísticas, Ensinanzas deportivas, PCPI, FP básica e outros estudos non universitarios, así como os de grado universitario. 

Nesta Resolución aparecen os tipos de beca, os requisitos (académicos e económicos), o importe das becas, e outros condicionantes. 

O prazo acabará o 30 de setembro, si a beca é por estudos non universitarios. Polos estudos universitarios, finalizará o 15 de outubro.

As solicitudes pódense facer por internet. En breve, aparecerán os formularios de solicitude nesta páxina web do Ministerio.