TI DECIDES: QUE QUERES SER?

Axuda aos estudantes e as súas familias para planificar os estudos adecuados


 
    Un dos vídeos que aparecen nesta web.

Que quero ser é unha web financiada por Mapfre que ten como obxectivo axudar aos futuros universitarios e as súas familias para decidir e planificar os estudos superiores futuros.

Contén numerosos testemuños escritos e en vídeo de distintos alumnos universitarios, diferenciados nas 5 áreas de coñecementos: Ciencias da Saúde, Ciencias, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñería e Arquitectura.

Tamén é interesante o apartado de Entregas completas onde poderás descargar numerosas fichas técnicas cos obxectivos de cada carreira, accesos, plan de estudos, pasarelas, centros onde se estuda, perspectivas profesionais,...




Vía: orientaguia.wordpress.com