Premios extraordinarios de bacharelato 2013/2014

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2013-2014 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Prazo de presentación  de solicitudes ata o día 26 de xullo de 2014 

(O alumnado poderá presentar a solicitude ata o día 26 de xullo de 2014, tal como establece a Orde do 20 de xuño de 2014 pola que se corrixen erros da Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14)

Xestión dos premios extraordinarios de bacharelato

Requisitos  de participación:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2013-2014 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Número e características dos premios
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.


3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outropr mio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá,ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2014-2015.

Realización da proba para a obtención do premio
1. O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
   1.1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas: 
1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico,filosófico ou literario.
1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 
    1.2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes:bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II,literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química,técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
1.2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.
2. Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
3. A puntuación total será a suma de cada unha das cualificacións obtidas. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter como mínimo cinco puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na cualificación total.


        Orde do 20 de xuño de 2014 pola que se corrixen erros da Orde do 12 de xuño de 2014