Ao longo do mes de xullo de 2014 levarase a cabo a quinta edición do Programa Campus Científicos de Verán, iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que conta co apoio de Obra Social "la Caixa".
Este Campus está pensado para que os estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obligatoria e primeiro curso de Bacharelato teñan unha primeira experiencia de contacto co labor investigador, a través da súa participación en proxectos de achegamento científico deseñados e dirixidos por profesores universitarios do máis alto nivel en colaboración con profesores de ensino secundario. Convócanse 1.920 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 29 de xuño e 26 de xullo de 2014.
DESTINATARIOS: Os estudantes de 4º de ESO e 1º de Bachillerato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía que estean cursando os seus estudos en centros docentes españois -tanto dentro do territorio nacional como no estranxeiro- e que obteñan unha nota media de, polo menos, un 7,50 no pasado curso 2012-2013.
PREZO: Cada un dos participantes, deberá abonar 80 euros en concepto de matrícula.
COMO REALIZALO: A presentación de solicitudes para participar no Campus Científicos de Verano 2014 realizase únicamente a través da páxina web do programa www.campuscientificos.es.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 26 de abril de 2014
CANDO: Durante o mes de xullo de 2014 desenvolveranse 4 quendas de participación.
Estudantes de 1º de Bachillerato:
Primeira quenda: do domingo 29 de xuño ao sábado 5 de xullo de 2014
Segunda quenda: do domingo 6 ao sábado 12 de xullo de 2014
Estudantes de 4º de ESO:
Primeira quenda: do domingo 13 ao sábado 19 de xullo de 2014
Segunda quenda: do domingo 20 ao sábado 26 de xullo de 2014.
- Campus Ad Futurum – Universidade de Oviedo
- Campus Agroalimentario (CeiA3) – Universidade de Huelva
- Campus Andalucía TECH – Universidade de Sevilla
- Campus Atlántico Tricontinental – Universidade de Las Palmas de Gran Canaria
- Campus Bio Tic Granada – Universidade de Granada
- Campus Carlos III – Universidade Carlos III de Madrid
- Campus Catalunya Sud – Universidade Rovira i Virgili
- Campus CYTEMA – Universidade de Castilla-La Mancha
- Campus Do Mar – Universidade de Vigo
- Campus Energía UPC – Universidade Politécnica de Cataluña
- Campus Hidranatura – Universidade de Extremadura
- Campus Mare Nostrum – Universidade de Murcia
- Campus Studii Salamantini – Universidade de Salamanca
- Campus UAM – Universidade Autónoma de Madrid
- Campus Vida – Universidade de Santiago de Compostela
- Campus VLC – Universidade de Valencia /Universidade Politécnica de Valencia
Más información sobre este trámite ou servizo:
- Teléfono:914251818
- Dirección de correo: