OS PERIGOS DE INTERNET

portadaValedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar a alterar a convivencia normal nos seus fogares.
Bo recurso para traballar nas sesións de titoría.