GUÍA RÁPIDA DA APRENDIZAXE COOPERATIVA

Excelente documento  elaborado polo Servizo de Innovación Educativa da Universidade Politécnica de Madrid.
 Aprendizaxe Cooperativa (AC) é un método de aprendizaxe baseada no traballo en equipo dos estudantes. 
Esta publicación inclúe diversas técnicas cooperativas que poden adaptarse a calquera temática que se estea traballando nas clases. 
Os estudantes traballan conxuntamente para lograr determinados obxectivos comúns dos que son responsables todos os membros do equipo.
Aspectos  que se desenvolven:  

    • A toma de decisións.
    • O traballo en equipo.
    • A resolución de problemas.
    • A aprendizaxe autodirixida.
    • A conciencia da propia aprendizaxe.
    • O pensamento crítico.
    • A aprendizaxe permanente.
    • As habilidades de comunicación (argumentación e presentación da información).
    • O desenvolvemento de actitudes e valores: precisión, revisión, tolerancia, ...
    • A identificación de problemas relevantes do contexto profesional.
    • A planificación das estratexias que se van utilizar para aprender.
    • As habilidades de avaliación e autoavaliación.