Europe Direct A Coruña e a Universidade da Coruña, organizan a segunda edición do Foro “Xuventude en Movemento” que terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro de 2013 no Campus de Elviña, A Coruña.
Este Foro centrarase na formación, no emprego e no emprendemento.
Poderase participar en sesións formativas, obradoiros e en espazos de encontros que permitan coñecer expertos en becas ou en emprego así como a xente con experiencias en mobilidade na Unión Europea.
Recorda que o Foro arranca cos obradoiros “Despega Xa” que se farán os días 14, 15 e 16 de outubro de 2013.
Inscrición: http://xuventudeenmovemento.eu/inscricion/
Máis información: http://xuventudeenmovemento.eu/