Co propósito de dar traslado deste protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as instrucións de 17-xuño-2013, as que podedes acceder a continuación xunto co documento e vinte e dous anexos facilitadores das distintas intervencións que se deben realizar na aplicación deste protocolo:
- ANEXOS (en formato word, para ser adaptados/modificados):
- Anexo cero. Esquema gráfico do Protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso escolar
- Anexo I. Comunicación sobre unha posible situación de acoso escolar
- Anexo II. Designación dunha persoa referente da atención e apoio á presunta vítima
- Anexo III. Primeira comunicación á familia da presunta vítima
- Anexo IV. Primeira comunicación á familia da persoa ou persoas presuntamente acosadora/s
- Anexo V. Nomeamento dunha persoa responsable da tramitación (dilixencias previas e instrutora do expediente disciplinario sobre acoso escolar)
- Anexo VI. Comunicación a outros profesionais educativos e/ou outros axentes externos
- Anexo VII. Recollida inicial de información
- Anexo VIII. Comunicación e cuestionario de entrevista á persoa acosada/vítima
- Anexo IX. Comunicación e cuestionario de entrevista individual á persoa ou persoas acosadora/s
- Anexo X. Comunicación e cuestionario de entrevista individual ás persoas observadoras ou espectadoras
- Anexo XI. Comunicación e cuestionario de entrevista á familia da vítima
- Anexo XII. Comunicación e cuestionario de entrevista á familia ou familias da persoa ou persoas agresora/s
- Anexo XIII. Solicitude de asesoramento e/ou apoio técnico ao departamento de orientación do centro
- Anexo XIV. Solicitude de asesoramento e/ou apoio técnico a outros organismos (especialmente en situacións de ciberacoso)
- Anexo XV. Rexistro da análise da información
- Anexo XVI. Proposta de medidas que se van adoptar
- Anexo XVII. Esquema de tramitación do expediente disciplinario (tramitación e prazos)
- Anexo XVIII. Modelos para o procedemento e proposta de resolución do expediente disciplinario (conciliado e común)
- Anexo XIX. Comunicación á Inspección Educativa
- Anexo XX. Rexistro do seguimento e avaliación das medidas adoptadas
- Anexo XXI. Denuncia a Servizos Sociais
- Anexo XXII. Denuncia á Fiscalía de Menores