PRESENTACIÓN DOS
ALUMNOS/AS AOS EXAMES
- Tódolos alumnos deberán acudir a presentación o primeiro día as 9.00 h. da mañá e logo presentarse á realización dos exercicios á hora convocacada para o comezo de cada un deles. Para a realización dos exames, o alumnado deberá concorrer provisto do DNI ou pasaporte, pluma ou bolígrafo, e de material axeitado para realizar as probas correspondentes as materias de Debuxo e ás específicas da modalidade de Artes do Bacharelato, así como dicionarios de Latín e Grego.
INSTRUCIÓNS
PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES
- No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas.
- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nin ao alcance de persoas estrañas.
- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo que poidan permitir unha eventual identificación persoal.
- Ao empezar cada unha das probas se entrega a cada estudante un caderno de exame formado por dúas follas A-3 (8 páxinas de tamaño A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
- O acceso ao aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do tribunal, esperando a que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba da mesa.