Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e fagan dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso 2013/14.

PRAZO: A inscrición para realizar a proba remata o 30 de maio.

LUGAR DE INSCRICIÓN nos seguintes centros educativos:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
DATA  DAS PROBAS: venres 7 de xuño.

HORARIO DAS PROBAS
09.00 H.
Presentación.
09:30 a 10:30
Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
10:30 a 11:30
Lingua Castelá e Literatura.
12:00 a 13:00
Lingua Galega e Literatura
13:00 a 14:00
Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
16:00 a 17:00
Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

LUGAR: IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.