Trastornos da aprendizaxe: a dislexia

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que se caracteriza por unha dificultade significativa na aprendizaxe da lectura e da escritura, en ausencia de alteracións neurológicas e/ou sensoriais que o xustifiquen, tendo recibido previamente oportunidades escolares para a súa aprendizaxe.
A través da web de AGADIX (Asociación Galega de Dislexia) atopamos uns protocolos de detección e actuación en dislexia, por etapas, elaborados por profesionais da educación e a psicoloxía escolar de Baleares coa colaboración da Asociación Dislexia e Familia (DISFAM).

Uns bos recursos para docentes e outros profesionais que interveñen con alumnado que presenta este trastorno.